A Deputación da Coruña completa unha senda peonil de máis de 3 Km entre Ares e Redes

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a deputada responsable da área de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañados por técnicos do departamento provincial de estradas e concelleiras do goberno municipal visitaron esta senda peonil que conecta Ares e Redes, que conta con algo máis de 3 quilómetros, a maior parte nunha longa recta que permite camiñar con seguridade nas marxes deste vial, que carecía de beiravías. O alcalde de Ares agradeceu este investimento da Deputación nunha das súas estradas, que supón unha notable mellora da seguridade viaria no municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha