A Deputación da Coruña concede preto de 400.000 euros en subvencións para persoal en museos

Os concellos beneficiados na Costa da Morte son A Laracha, Camariñas, Carballo, Laxe, Ponteceso e Vimianzo. Todos eles poderán destinar este apoio ao mantemento e contratación de persoal técnico para os seus centros museísticos, museos locais, centros de interpretación ou ecomuseos.

Con estas axudas, a Deputación da Coruña continúa a súa aposta por consolidar e promover a oferta cultural da provincia, apoiando directamente os gobernos locais na xestión dos recursos humanos necesarios para a atención dos seus espazos museísticos ao servizo da cidadanía e da dinamización cultural.

Un total de 20 concellos resultan beneficiarios destas axudas, que suman 399.088 euros e teñen como finalidade reforzar a atención ao público, a dinamización cultural e a correcta xestión dos equipamentos museísticos municipais.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar