A Deputación da Coruña conmemora o primeiro ano de actividade do CEI (Coruña Estudio Inmersivo)

Trátase dunha infraestrutura estratéxica impulsada pola institución provincial que se consolidou en apenas doce meses como un referente da produción audiovisual inmersiva en España. Desde a súa inauguración oficial en febreiro de 2025, o CEI acolleu unha ampla variedade de proxectos que abranguen rodaxes cinematográficas, producións publicitarias e de moda, programas de radio, xornadas profesionais e presentacións corporativas. Esta actividade constante sitúa á provincia da Coruña na vangarda da innovación tecnolóxica aplicada ao sector audiovisual e reforza o seu posicionamento como destino competitivo para rodaxes e producións de alto nivel.

Posteriormente, en setembro de 2025, o estudio foi presentado ao sector audiovisual nacional e internacional no marco do 73º Festival Internacional de San Sebastián, reforzando a súa proxección. Durante este primeiro ano, o CEI presentouse tamén en eventos clave do sector como Iberseries (Madrid) ou London Focus 2025. Actualmente, a xestión do plató virtual corre a cargo de Pedralonga Estudios, que desenvolveu unha intensa actividade de promoción e captación de proxectos ao longo deste primeiro ano.

Entre os traballos realizados no CEI figuran escenas dunha produción cinematográfica de Vaca Films, shootings de moda para marcas do grupo Inditex, un especial de Hora 25 da Cadena SER sobre o sector audiovisual galego, así como xornadas profesionais organizadas polo Clúster Audiovisual Galego no marco do programa I+P Ideas para Producir. Tamén traballaron nas instalacións numerosas produtoras e axencias como Idea Creatividad, Undodez Producións ou Avestudio, desenvolvendo campañas corporativas e proxectos creativos.

Related posts

Navalni morreu envelenado cunha toxina letal presente en ras velenosas, segundo varios países europeos

O Programa Integrado de Emprego da Laracha forma a 20 persoas en xestión socioeducativa do comedor escolar

O PSOE de Muxía discrepa coas prioridades do Goberno local para o municipio