A Deputación da Coruña móstrase orgullosa de ter sido parte fundamental para a recuperación do Pazo de Meirás, segundo explicaron o presidente e o vicepresidente da institución, Valentín González Formoso e Xosé Regueira, que participaron nunha rolda de prensa de valoración da sentenza que obriga á familia Franco á devolución do inmoble ao patrimonio público, na que tamén interveu o profesor da Universidade de Santiago e director do informe xurídico, Xabier Ferreira e o portavoz do goberno provincial, Bernardo Fernández. O presidente e o vicepresidente coincidiron ao destacar «o papel fundamental da institución» á hora de instar aos gobernos da Xunta de Galicia e do Estado a iniciar o proceso de recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público.
37