A Deputación da Coruña destina 226.100 euros a 13 concellos da Costa da Morte para promoción económica

2 minutes read

A Deputación da Coruña vén de publicar a resolución da liña de axudas a concellos para a realización de actividades de promoción económica nos concellos da provincia. Na convocatoria deste ano resultaron beneficiarios na Costa da Morte 13 concellos, que se repartirán 226.100 euros

Entre as actividades subvencionadas atópanse feiras de emprego como ‘A Laracha Conecta’ ou ‘Innovames 2026’, campañas de dinamización do comercio ou turismo, ou festas gastronómicas e culturais con elevado retorno económico para os municipios nos que se celebran.

O vicepresidente da Deputación e titular de Turismo, Xosé Regueira, destaca que «nesta casa temos claro que o noso cometido é apoiar os concellos nas súas necesidades, e este tipo de convocatorias son boa mostra desa vontade». As actividades beneficiarias «son elementos dinamizadores chave para a economía local», por iso «merecen ser axudadas polo concello dos concellos».

Para Regueira é «vital que a Deputación se implique na promoción das actividades económicas dos concellos, pois unhas entidades locais fortes fan unha provincia forte e socialmente activa».

Listado das entidades beneficiarias na Costa da Morte

  • Semana de Emprego: A Laracha Conecta — Concello da Laracha — 28.200,00 €
  • Plan de dinamización turística, cultural e económica de Camariñas para o ano 2026 — Concello de Camariñas — 15.000,00 €
  • II Festival Onda Bocata Fest — Concello de Carballo — 22.500,00 €
  • DP0043 2026: Actividades de promoción do comercio local de Cee durante o 2026 — Concello de Cee — 18.000,00 €
  • Campaña de Nadal en Corcubión 2025 — Concello de Corcubión — 11.400,00 €
  • XLIV Festa da Pataca — Concello de Coristanco — 30.000,00 €
  • Campaña de Nadal — Concello de Fisterra — 8.700,00 €
  • Campañas de promoción do comercio e a hostalaría do Concello de Laxe (anualidade 2026) — Concello de Laxe — 9.000,00 €
  • Promoción económica do comercio e hostalaría do Concello de Malpica de Bergantiños 2026 — Concello de Malpica de Bergantiños — 9.000,00 €
  • Rutas do Mar 2026 — Concello de Muxía — 10.000,00 €
  • Campaña de promoción do pequeno comercio local 2026 — Concello de Ponteceso — 17.500,00 €
  • 2026 Promoción Económica Vimianzo — Concello de Vimianzo — 30.000,00 €
  • Campaña de promoción do comercio local 2026 — Concello de Zas — 16.800,00 €