A Deputación da Coruña apoia as escolas de música e danza municipais

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 360.000 € ás escolas de música e danza e conservatorios de 30 concellos. A liña de axuda ten como obxectivo garantir a formación artística en todo o territorio.

Un total de 360.000 € é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta edición á convocatoria de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios, escolas de danza e música municipal. Son 3o os concellos beneficiarios que reciben axudas que van de entre 20.000 e 8.500 €.


«A área de Cultura da Deputación da Coruña inclúe a liña de apoio a conservatorios e centros de danza e música municipais no seu mapa de axudas porque consideramos fundamental promover a formación artística en todo o territorio e, ás veces, en concellos pequenos as escolas son única posibilidade de formación artística», sinala a vicepresidenta e deputada da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei.

Neste sentido, destaca que os centros municipais de música e danza «non só contribúen a crear novos e novas artistas senón que se converten en centros dinamizadores para toda a veciñanza, cumprindo un papel fundamental na difusión da cultura».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha