A Deputación da Coruña entrega catro ambulancias para atender as urxencias da guerra en Ucraína


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o embaixador de Ucraína, Serhii Pohoreltsev, formalizaron na compostelá praza do Obradoiro a entrega de catro ambulancias para atender as urxencias da guerra e prestar servizo á poboación ucraína.

No acto, no que estiveron acompañados do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, Formoso salientou que se cumpre o compromiso “de conseguir algunhas ambulancias, que son moi necesarias no país e que foi a petición que nos fixo o embaixador hai uns meses. Hoxe estamos facendo a entrega despois duns trámites burocráticos que foron longos e complexos e que ralentizan o voluntarismo e a solidariedade propias de Galicia”.