A Deputación da Coruña entregou os V Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais

O acto estivo presidido polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e contou coa participación da deputada de Política Social, Mar García Vidal, ademais de representantes dos grupos políticos da corporación provincial, alcaldes e alcaldesas da provincia, e unha ampla representacións das entidades sociais e profesionais do sector.

Nesta edición foron recoñecidas seis iniciativas que destacan polo seu impacto social, a súa capacidade de innovación e o seu compromiso coa mellora continua dos servizos sociais.

Na categoría de investigación científica, a Fundación Hospitalarias foi premiada por un proxecto centrado na prevención das caídas das persoas maiores, que teñen unha alta incidencia nos centros de servizos sociais. O proxecto destaca pola identificación de variables e emprego de técnicas cuantitativas e cualitativas que a fan un exemplo de boas prácticas.

No ámbito da atención social, a Asociación Española Contra o Cancro foi recoñecida polos seus Clubs de saúde, unha iniciativa que promove hábitos de vida saudables e ofrece apoio integral ás persoas pacientes e ás súas familias, especialmente en contornas rurais, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida.

ASPRONAGA foi distinguida polo proxecto Telebaró, unha proposta innovadora que emprega a tecnoloxía para favorecer a comunicación e a participación das persoas con discapacidade intelectual, potenciando a súa autonomía e a súa inclusión social.

Na categoría de familia, infancia e adolescencia, o programa Redeir@s da Plataforma de Organzacións de Infancia de Galicia (POIG) foi premiado polo seu enfoque centrado nos dereitos dos nenos e nenas, promovendo a súa participación activa e o seu desenvolvemento en contornas seguras e inclusivas.

O proxecto Tecendo Redes da Fundación Érguete Integración, recoñecido na categoría de inclusión social, é un programa no que persoas privadas de liberdade aprenden as técnicas tradicionais das redeiras de Corme e elaboran, con redes recicladas, material para centros escolares como canastras, porterías ou bolsas de balóns. A Fundación Érguete-Integración impulsa así a súa inclusión social e laboral, ao tempo que promove o reciclaxe, o residuo cero e a economía circular.

Finalmente, o premio á traxectoria foi para a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, en recoñecemento aos seus máis de cen anos de compromiso coa atención ás persoas máis desfavorecidas, adaptándose ás necesidades de cada época e consolidándose como unha referencia no ámbito social da provincia.

Recoñecemento a Xosé Ameixeiras

O acto incluíu tamén a entrega dun recoñecemento especial ao xornalista Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carballo, pola súa contribución á visibilización do labor das entidades sociais e á sensibilización da sociedade sobre problemáticas de gran relevancia.

A Deputación destacou a súa traxectoria profesional, marcada pola proximidade coa realidade social da comarca e por un enfoque rigoroso e comprometido, que permitiu achegar á cidadanía o impacto do traballo das entidades e cuestións como a loita contra a exclusión ou o narcotráfico.

Entidades que melloran as vidas de miles de persoas cada día

Durante a súa intervención, Valentín González Formoso destacou que «as entidades sociais son compañeiras imprescindibles na política social da Deputación da Coruña» e puxo en valor o seu papel «mellorando cada día a vida de miles de persoas e familias en toda a provincia».

O presidente subliñou que unha das partes máis gratificantes do seu traballo son as visitas ás entidades sociais, «nas que podemos comprobar que cada euro que destinamos está ben investido e serve para mellorar a vida de moitas persoas con especiais dificultades e das súas familias».

Formoso incidiu tamén na importancia de seguir fortalecendo este tecido social e lembrou que a Deputación vén incrementando ano a ano orzamento da área social durante a súa década á fronte do goberno provincial. Este ano, a Deputación destina 3,7 millóns de euros para apoiar o labor de máis de 240 entidades da provincia, financiando programas que abranguen desde a atención psicosocial e a rehabilitación ata a inserción laboral, o transporte adaptado ou o apoio ás familias.

Pola súa banda, a deputada de Política Social, Mar García Vidal, destacou que estes premios «visibilizan o enorme traballo que desenvolven as entidades sociais e o seu compromiso coa innovación e a mellora continua na atención ás persoas», e puxo en valor o incremento da participación nesta edición, con 64 candidaturas presentadas este ano.

A Deputación da Coruña entregou esta tarde en PALEXCO os V Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais, que recoñecen o traballo de entidades e profesionais do ámbito social que contribúen a mellorar a vida das persoas, especialmente das máis vulnerables.

Related posts

Outes contará cunha nova residencia para persoas con discapacidade

Belén do Campo pon en valor as casas do maior nunha visita ao Val do Dubra 

O BNG de Carnota denuncia o “progresivo desmantelamento” do servizo sanitario no municipio