O deputado de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron o acordo de colaboración para o financiamento dun proxecto de obras para a zona urbana do concello que afectará á renovación dos pasos de peóns co fin de mellorar a seguridade viaria do concello. A Deputación da Coruña achega 160.000 € o 80% do orzamento total que ascende a 201.405 €..
O obra comprenderá actuacións en pasos de peóns situados na Rúa Compostela ,Avenida Milagrosa, Avenida Fisterra, Rúa Vázquez de Parga, Rúa Luís Calvo, Rúa Daniel Castelao, Rúa Fomento, Rúa Gran Vía, Rúa do Sol, Rúa Berdillo, Rúa Poniente, Rúa Fábrica, Avenida Malpica, Avenida de Razo, Rúa Perú, Avenida Ponte da Pedra, Rúa Vicente Risco e Rúa Rio Anllóns.
Os traballos para a mellora da seguridade viaria consistirán en mellora da iluminación dos pasos de peóns, da sinalización horizontal e vertical e redución da velocidade. As actuacións realizaranse nas rúas de maior intensidade de tráfico rodado, moitas delas de carácter supramunicipal. Entre as obras que se levarán a cabo, o proxecto indica a substitución de luminarias por outras de maior potencia e instalación de novos puntos de luz,pintado dos pasos de peóns con pintura termoplástica en colores branco e vermello para facelos máis visibles, en especial en días escuros e con chuvia, instalación de paneis luminosos e automáticos e tamén de medidas de calmado de tráfico que reduzan a velocidade dos vehículos como pasos de peóns elevados e elementos de goma.