A Deputación da Coruña financia os servizos de limpeza de praias en 41 concellos

1 minutes read

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2024, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 41 municipios costeiros da provincia.

A finalidade do programa é apoiar os concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia durante os meses de verán, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia deste programa, “que contribúe a que as praias da provincia da Coruña estean en condicións óptimas durante o verán e impulsa tamén a creación de emprego”

Con cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais, os concellos contratan cada verán a preto de 300 persoas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?