A Deputación da Coruña financiará as obras de mellora da estrada de Bermún a Cee

Así o anunciaron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, tras a reunión de traballo que mantiveron na sede da institución provincial, na que se acordou que o investimento desta importante mellora levarase a cabo durante 2022 en base a un proxecto que se está redactando e que ambos esperan presentar no mes de xaneiro.

As obras suporán un investimento aproximado de 600.000 € e consistirán na renovación das beirarrúas e sendas existentes que actualmente presentan un estado moi deteriorado, ao mesmo tempo gañaranse ancho das mesmas para cumprir cos anchos mínimos que esixe a normativa de accesibilidade, sendo de 2 m o novo ancho das beirarrúas renovadas, renovación que se fará en formigón coloreado e fratasado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha