A Deputación da Coruña garante o investimento cultural para paliar o impacto da pandemia

Xurxo Couto_Deputado de Cultura_ Cedida.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, afirmou que permitirá cambios de datas nas actuacións a causa da pandemia, priorizará os pagamentos pendentes e axilizará ao máximo todos os trámites para os contratos e subvencións, xa lle comunicou oficialmente ás compañías e artistas o mantemento das programacións propias que tiveron que ser adiadas polo estado de alerta, e por último, dirixirase á Consellaría de Cultura para solicitarlle que sexa sensíbel á situación de fonda preocupación polas consecuencias económicas da crise do COVID19 no sector cultural e, en consecuencia, redefina a programación do Xacobeo 2021.

Ademais, desde o servizo de Cultura da Deputación da Coruña, afirman que están a priorizar os pagamentos pendentes co fin de que o sector poda facturar neste tempo en que a actividade está a diminuír de forma acelerada. Por outra parte, o deputado Xurxo Couto tamén anuncia que se vai manter toda a programación propia cancelada por causa da crise sanitaria para a que se buscarán novas datas, o que xa se lle comunicou a compañías e artistas.