A Deputación da Coruña impulsa axudas a 164 entidades deportivas

1 minutes read

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle a concesión provisional destas subvencións, das que serán beneficiarias un total de 164 entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia. As contías destas van de un mínimo de 1.020 euros e un máximo de 6.500 euros. Da cifra total da liña de axudas, 21.000 euros corresponden a seis subvencións concedidas provisionalmente condicionadas.

«Esta liña de subvencións deportivas da Deputación da Coruña contribúe a manter a actividade e a mellorar a participación de centos de clubs en competicións de todas as disciplinas e categorías deportivas, axudando a situar aos equipos couñeses na vangarda do deporte galego», apuntou Cristina Capelán, deputada de Deportes.

A liña de axudas dará apoio a deportistas e equipos en competicións de fútbol, fútbol sala, baloncesto, voleibol, balonmán, xadrez, natación artística, ciclismo, hockey, tenis, golf, kickboxing, padel ou patinaxe artística, entre outros.