A Deputación da Coruña paga en cinco días máis de 600 axudas á hostalaría

PIXABAY

O pasado luns, 3 de maio, a Deputación da Coruña abriu o prazo de presentación de solicitudes para as axudas do programa PEL-Reactiva 2, un plan específico creado polo Goberno provincial para apoiar á hostalería e axencias de viaxes, que están entre os sectores máis afectados pola pandemia. Só cinco despois da apertura do prazo, superáronse as 1.000 solicitudes, das cales o 100% foron revisadas pola unidade xestora e 613 foron xa pagadas ou atópase en trámite de pago, o que supón unha contía de máis de 919.000 euros en axudas xa abonadas. Estas subvencións, consistentes en axudas directas por importe de 1.500 euros, están dirixidas ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas con domicilio fiscal nun concello da provincia de menos de 50.000 habitantes que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes relativos a bares e restaurantes (agrupacións do IAE 67), hospedaxe (epígrafe 68), axencias de viaxe (epígrafe 755) e salas de festa e discotecas (epígrafe 969.1).