A Deputación da Coruña paga en sete horas as primeiras 100 axudas do plan REACTIVA 2


A Deputación da Coruña aprobou este luns o pagamento das 100 primeiras axudas do plan PEL-REACTIVA 2 destinado a autónomos e microempresas dos sectores da hostalaría e axencias de viaxe ubicadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña.

Apenas sete horas despois da apertura oficial do prazo de solicitudes, que comenzou este luns, 3 de maio, ás 8.00 da mañá, un total de 712 pequenas empresas destes sectores solicitaran acollerse a este plan, das que 100 foron xa aboadas nas contas bancarias dos solicitantes ou atópanse en trámite de pago, nun esforzo sen precedentes por parte dos diferentes servizos da Deputación da Coruña.

O Goberno provincial é consciente da necesidade de tramitar coa máxima celeridade posible o pago das axudas ás empresas e persoas autónomas destes sectores, que están entre os máis afectados pola pandemia, redeseñou por completo o procedemento de tramitación.