A Deputación da Coruña participa no financiamento do Bono Turístico

1 minutes read

A Deputación da Coruña achega 300.000 € ao programa de Bono Turístico que xestiona a Axencia Turismo de Galicia co obxectivo de reactivar o sector da hostalaría e restauración. O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destaca que «a colaboración da Deputación supón unha importante achega nun programa pensado para promover o consumo no sector e contribuír a superar a crise». O bono vincúlase á adquisición de servizos turísticos nos establecementos do programa como unha tarxeta de prepagamento dun único uso. «A gran demanda que supuxo deixa tamén á vista que son moitas as persoas que se animan a coñecer o territorio e ser turistas na súa propia provincia», destaca Xosé Regueira que anima, despois da demanda do programa, a visitar os distintos xeodestinos coruñeses.