A Deputación da Coruña pon en valor o potencial turístico do territorio Barbanza-Arousa

1 minutes read

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, acudiu á Gala do Turismo Barbanza Arousa, onde se entregaron os selos de calidade SICTED ás empresas e servizos turísticos participantes, salientando o potencial turístico de Barbanza e Arousa e o apoio da entidade provincial tanto ao proxecto como ao territorio, que rolda os 100.000€ anuais dende 2015 para a mellora da calidade e competitividade. A Mancomunidade Barbanza Arousa, que se adheriu ao proxecto SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino) este ano, recoñeceu así neste acto o bo facer dos diferentes axentes participantes en prol da mellora calitativa deste destino turístico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?