A Deputación da Coruña presentará en Fitur a estratexia de sustentabilidade turística da provincia

2 minutes read

Os cinco Plans de Sustentabilidade Turística en Destino da Deputación da Coruña (Fogóns do Anllóns; Fragas do Eume; Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal; Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle e Centro histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra) serán os protagonistas dos dous actos institucionais que a área de desenvolverá en Fitur. O vicepresidente e deputado Turismo, Xosé Regueira, será o encargado de encabezar a delegación da provincia na Feira, na que tamén participarán diferentes representantes das comarcas dos plans (Bergantiños, Eume, Ortegal, Santiago e Ferrolterra).

“Queremos levar a un dos eventos máis importantes de turismo a nosa proposta, baseada na sustentabilidade medioambiental, económica e social, que pasa por manter a autenticidade do territorio, contribuir á xeración de riqueza local e á fixación de poboación no rural, dende o máximo respeto medioambiental”, apuntou. “Ofrecendo produtos turísticos diversos e de gran calidade, que poñen en valor a nosa identidade, e se dirixen a un perfil que demanda unha oferta caracterizada polo patrimonio, cultura, gastronomía, cultura, ocio activo… Todo iso é o que se pode atopar nos nosos Plans de Sustentabilidade Turística”.

A primeira das citas da Deputación en Fitur será a presentación de “Provincia da Coruña, territorio sostible” que terá lugar o mércores 24 ás 13h no stand de Galicia. Nesta presentación plantexarase unha reflexión sobre a importancia de levar a cabo prácticas sostibles a través dun audiovisual que complementará ás intervencións do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; a do deputado Antonio Leira e a do presidente, Valentín González Formoso. Tamén se proxectará un vídeo de promoción da Vía Verde Compostela – Tambre- Lengüelle.

A segunda das citas será o venres 26 ás 13h, na que o vicepresidente falará do “Cabo Ortegal, Territorio xeolóxico” nunha presentación sobre os xeoparques mundiais da UNESCO en Galicia, na que tamén participarán representantes da Xunta, da Rede Mundial de Xeoparques, e de diferentes entidades e concellos.

A Deputación reforza, así, a súa aposta por dar a coñecer os Plans de Sustentabilidade, sufragados en parte polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea, que contan cunha inversión de 7,8 millóns, co obxectivo de promover un turismo baseado no respeto medioambiental, a implicación da poboación local, a xeración de riqueza na contorna máis próxima e a preservación do medio natural.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?