A Deputación da Coruña promociona ‘Fragas do Eume’ en Fitur

1 minutes read

Este proxecto, que foi presentado este xoves pola Deputación da Coruña en Fitur, bota a andar co reto de poñer en marcha “iniciativas que equilibren os fluxos turísticos coa necesaria protección dun entorno tan sensible como é a propia Fraga”. Así o explicou o vicepresidente da institución provincial, Xosé Regueira, quen estivo acompañado na presentación pola delegada da Xunta en Ferrolterra, Martina Aneiros, polo tenente de alcalde de Cabanas, Iago Varela, pola concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez, e pola concelleira de Turismo de As Pontes, Elena López. O reto dun equilibrio entre turismo e preservación de recursos, así como a promoción orientada a un tipo de turista consciente, responsable e que valore a identidade dos lugares que visita, foron as ideas nas que incidiron os representantes dos concellos participantes no acto institucional.