A Deputación da Coruña promociona por primeira vez o Camiño de Santiago en Irlanda

1 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita estes días a República de Irlanda para colaborar coas autoridades irlandesas en distintas actividades de promoción do Camiño Celta. A comitiva coruñesa complétase co deputado provincial delegado provincial Antonio Leira, e o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás.

Formoso destacou que esta primeira viaxe oficial da Deputación coruñesa a terras irlandesas “ten como obxectivo estreitar lazos de colaboración coa República de Irlanda e traballar conxuntamente na promoción deste Camiño en ambos países”, tras a experiencia durante máis dunha década de frutífera colaboración co Reino Unido na difusión do Camiño Inglés, a ruta xacobea que máis crece en número de visitantes nos últimos anos.

O Camiño Celta é unha ruta xacobea aínda bastante descoñecida, que conta con distintas rutas oficiais de peregrinaxe no país, todas elas cun traxecto mínimo de 25 quilómetros, que desembocan nos portos de Dublín, Drogheda, Limerick, Cork ou Waterford, desde onde os peregrinos se dirixen por mar ata Galicia para completar cando menos outros 75 quilómetros a pé desde A Coruña ou Ferrol ata a catedral de Santiago de Compostela. Completar estes 100 quilómetros a pé entre ambos países permítelles obter a “Compostela”, o documento oficial que outorgan as autoridades eclesiásticas e que acredita ter completado o Camiño de Santiago.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?