A Deputación da Coruña recibe en Xantar o Premio á Mellor Acción Promocional

1 minutes read

A Deputación da Coruña foi recoñecida en Xantar co premio á Mellor Acción Promocional en Materia de Turismo, un galardón que o vicepresidente e responsábel da área, Xosé Regueira, dedicou ao seu equipo, aos concellos, ás escolas de hostalaría e aos profesionais que participaron no Salón de Turismo Gastronómico mostrando o altísimo nivel do sector galego.

«Trátase dun recoñecemento que recollemos con alegría e que temos que agradecer ao equipo da Deputación da Coruña que traballa de maneira moi profesional na nosa participación no Salón e tamén a todas as persoas, institucións e entidades que participaron na edición, en especial aos concellos, ás escolas de hostalaría e aos profesionais que mostraron o altísimo nivel da gastronomía no noso territorio», sinalou Xosé Regueira.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, recolleu en Xantar o premio á Mellor Acción Promocional en Materia de Turismo.

Nesta edición de Xantar participaron, con showcookings e degustacións os concellos de Ponteceso, Arzúa, Carballo, Vimianzo, Mazarizos e o Xeodestino Ría de Muros-Noia. A Escola de Hostalaría EFA Piñeiral de Arzúa, a Agrupación e cociñeir@s da Ría de Muros-Noia e a Escola de Hostalaría de Carballo mostraron a profesionalidade da nova xeración de cociñeiros e cociñeiras que se están formando en centros municipais dos concellos da Coruña da man de extraordinarios profesionais tan recoñecidos como Rocío Martínez, Marcos Seoane ou Fernando Agrasar.