«Na diversidade temos unha oportunidade: temos un territorio con productos turísticos moi diferenciados que teñen en común a súa autenticidade» apuntou este xoves o vicepresidente, Xosé Regueira. «Na Coruña podemos atopar destinos espectaculares e moi diferentes entre si como Ortegal, Barbanza Arousa, Costa da Morte… sen olvidarnos das nosas cidades, tan hospitalarias e humanas, e do noso interior. E, por suposto, tamén gastronomía, patrimonio, cultura, natureza e ocio activo». Unha oferta moi completa e variada, caracterizada pola sostibilidade, presente nesta edición de Fitur.
Esa é, precisamente, a aposta da Deputación. «A nosa estratexia pasa pola alianza cos diferentes territorios, para acompañalos nos seus plans. Non se trata dun modelo unitario porque a nosa provincia é diversa», sinalou. «E temos que abrazar esa singularidade, porque ademais contamos con opcións moi variadas nunha distancia moi curta, e é aí onde temos que focalizar as nosas políticas», concluíu.
Neste segundo día de Fitur tiveron cabida diferentes productos turísticos da provincia que contan co respaldo da Deputación e que son boa mostra desa diversidade á que se refire o vicepresidente: xeoparque Cabo Ortegal, os concellos do camiño Fisterra – Muxía, Barbaza – Arousa e o xeodestino Terras da Comarca de Ordes ocuparon parte da programación deste xoves, un percorrido que continuará por outros puntos do territorio como a Reserva Biosfera Mariñas Coruñesas ou a Costa da Morte, entre outros.