A Deputación dará luz verde á segunda fase das obras de ampliación da estrada Ares-Chanteiro


Unha vez aprobadas na comisión de Vías e Obras, serán referendadas definitivamente polo pleno provincial deste venres, 27 de novembro, contan cun orzamento de 678.951,33 euros aos que hai que sumar os 47.102,30 das expropiacións xa efectuadas para poder levar a cabo os traballos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que a aprobación definitiva do proxecto en pleno é o último paso antes da licitación, cumprindo así o compromiso do Goberno provincial de dar continuidade ás obras xa realizadas nos primeiros 3,6 quilómetros da vía.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias agradeceu o compromiso do goberno provincial de González Formoso para sacar adiante este proxecto, “unha reivindicación histórica dos veciños de Chanteiro e do Concello de Ares”, completando as melloras de seguridade a longo de toda a estrada.