A Deputación defenderá en FITUR o proxecto do Cabo Ortegal

A área de Turismo da Deputación da Coruña presentará na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que se celebra do 19 ao 23 de maio en Madrid, o proxecto do Cabo Ortegal que presentará proximamente a súa candidatura a Xeoparque da Unesco. Cun acto de presentación no programa oficial, o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, defenderá os recursos e valores do territorio diante de axentes turísticos, público profesional e institucional. Nesta edición especial de Fitur, con limitación de prazas e controis que esixen probas previas a causa da pandemia, o público do acto estará composto por alcaldes e alcaldesa do territorio que buscarán na feira apoios á proposta, contactos con prensa especializada e axentes turísticos de especial interese para difundir e consolidar a candidatura. O territorio do proxecto de Xeoparque está integrado polos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cerdido, Cariño, Ortigueira, San Sadurniño e Moeche que suman forzas coa Deputación da Coruña para consolidar a candidatura neste ano 2021 en que o territorio se presentará tamén aos Plans de Sustentabilidade Turística en destino.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha