A Deputación destina 403.000 euros para apoiar ás entidades asociativas agrarias

Cedida.

Estas axudas teñen como obxectivo impulsar melloras en sectores clave para a economía coruñesa coma o agrario, o lácteo ou o forestal, segundo afirmou o presidente do ente provincial, Valentín González Formoso.

Apoiar a produción e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros e forestais, fomentar o uso de novas tecnoloxías nas explotacións, implantar accións de mellora xenética do gando ou desenvolver accións orientadas ao aproveitamento do monte e a prevención de incendios son algúns dos obxectos desta convocatoria.

Poderán concorrer a estas axudas as asociacións agrarias, labregas, gandeiras e forestais sen ánimo de lucro, así como as cooperativas, sociedades agrarias de transformación, asociación de cazadores e comunidades de montes de man común legalmente constituídas, cun mínimo de 25 socios e con sede en calquera municipio da provincia da Coruña.