A Deputación destina máis de 1M€ na comarca ao Plan de Conservación de Vías Provinciais

1 minutes read

A Deputación da Coruña investirá este ano case 8 millóns de euros no Plan de Conservación de Vías Provinciais. O plan vén de saír a licitación pública na Plataforma de Contratación do Estado.

«O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a siniestralidade nas estradas da provincia», explicou o deputado titular da área de Vías Provinciais, José Manuel Pequeño.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura (55%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (20,5%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 8% dos investimentos e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, un 6% cada unha, respectivamente.

Na Costa da Morte a conservación das vías provinciais ascende a algo máis de 1 millón de euros repartidos do seguinte xeito:

CARBALLO,CERCEDA E A LARACHA390.293,62 euros
CABANA,MALPICA E PONTECESO351.500,95 euros
CAMARIÑAS, LAXE, MUXÍA E VIMIANZO154.949,50 euros
CEE, CORCUBIÓN, DUMBRÍA E MAZARICOS161.523,20 euros