Deste xeito, os sete concellos que forman parte a Asociación do proxecto -Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño- desenvolverán accións que vinculen a riqueza xeolóxica, paisaxística e ambiental co desenvolvemento económico da comarca, co obxectivo fundamental de levar a cabo as actuacións imprescindibles para a defensa da candidatura do Xeoparte perante a UNESCO.
Tras a aprobación do convenio, o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, indicou que «deste xeito se materializa un financiamento que vai permitir que os concellos realicen as actuacións do proxecto e que teñan unha certa autonomía para levalas a cabo». A este respecto, tamén explicou que «este financiamento chega nun momento oportuno para afianzar a candidatura do Xeoparque no territorio».