A Deputación e o IMCE dan continuidade á xestión conxunta do Teatro Colón

1 minutes read

A Deputación da Coruña e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), organismo pertencente ao Concello da Coruña, continuarán a súa xestión conxunta do Teatro Colón.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña e presidenta do IMCE, Inés Rey García, e o deputado responsable da Área de Cultura, Xurxo Couto, asinaron na sede provincial o convenio a través do que ambas institucións amplían a cooperación actual ata decembro de 2020.

A Deputación e o IMCE xestionan de forma conxunta o Teatro Colón desde o 2018, ano no que se firmou o acordo que permitiu integrar o teatro na rede pública de espazos culturais municipais.

Ao longo destes anos de colaboración ambos entes destacan tamén a elevada asistencia de público ao lugar. As persoas participantes nalgún dos espectáculos valoraron moi positivamente o Teatro Colón segundo indican as enquisas realizadas en colaboración coa Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.