O obxectivo é realizar un diagnóstico adecuado das consecuencias económicas que está a ocasionar a pandemia na provincia da Coruña e o alcance das medidas que a Deputación está implementando para paliar as súas consecuencias, con accións coma o apoio á contratación de 280 profesionais nos servizos sociais dos concellos, o reforzo do servizo de Teleasistencia, a inclusión dunha partida específica no Plan Único 2020 para apoiar aos concellos nos gastos derivados da pandemia, o incremento dos programas de creación de emprego de PEL, que supuxeron duplicar o investimento con respecto ao ano pasado, a creación dun plan específico dun plan de apoio a autonómos e microempresas afectados pola Covid-19 por importe de 12,5 millóns de euros ou os 3 millóns cos que a Deputación contribuirá a apoiar os programas de reactivación post-covid das cidades da Coruña, Ferrol e Santiago.
48