A Deputación entregou o premio «Hoxe escribo en»

Máis de corenta obras compostas por textos literarios e fotos concorreron ao concurso «Hoxe escribo en» do que resultou gañador o historiador e técnico de turismo, Juan Coira, con «Unha viaxe no tempo por Pontedeume». O autor recolleu o premio de mans do vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira. O relato arrinca do alto do castelo dos Andrade cunha conversa entre unha muller chamada Mencía e o seu fillo Eume a partir da que se constrúe unha historia que visita aos principais monumentos e puntos de interese de Pontedeume a través da súa historia. O obxectivo da convocatoria era premiar a creatividade e promocionar o territorio da provincia. Para participar era preciso redactar un relato e adxuntar tres fotos ambientados ou referido ao concello no que viven que pode estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha