A Deputación financia a mellora de camiños rurais e urbanos no Concello de Coristanco


A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único o proxecto de mellora de camiños rurais e urbanos no Concello de Coristanco, unha actuación que está actualmente a licitación pública no perfil do contratante municipal.

A actuación permitirá a pavimentación dun total de catorce vías. No núcleo urbano mellorarase o firme na rúa Pataca, travesía Pataca, rúa Canteira, travesía Erbecedo, travesía Santa Marta e rúa Santa Marta). No ámbito asfaltarase a estrada de Nogueira, de Vilaverde, de Codesido, de Montecelo a Oca, de Conles a Buxán, de Buxán a Seavia, o cruce de Rabuxenta e Centiña, e o acceso á capela de Cereixa.

Nas rúas do núcleo urbano de Coristanco prevese a execución de varios pasos de peóns polo que será necesario demoler os bordos e a beirarrúa existente para refacer os pasos con baldosa de botón e ramplas para rebaixar a beirarrúa. Tamén se poñerán a cota os rebaixes que existen en varias entradas de vivendas e parcelas.

Por outra banda, contémplase o fresado nun cruce de Codesido para regularizar as pendentes xa que actualmente entra auga nunha vivenda. Farase o mesmo nos bordes do último tramo da rúa Pataca xa que nesa zona non hai suficiente altura de bordo.

O prazo para presentar ofertas ao proceso de licitación pública rematará o próximo 31 de outubro.