A Deputación reurbanizará outros dous bloques do barrio de San Valentín, en Fene

Foto.- Cedida.

As obras, actualmente en fase de licitación, suporán un investimento de 170 mil euros achegados cos fondos adicionais do Plan Único da Deputación e darán continuidade aos proxectos de reurbanización xa realizados noutros bloques deste popular barrio fenés, que data de principios dos anos 70, mellorando a accesibilidade da zona, dotándoa de novas beirarrúas máis anchas, bordos e nova rede de saneamento.

O proxecto inclúe ademais a renovación do firme da Avenida da Cooperación, actualmente moi deteriorado, cunha nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor. Inclúese tamén o pintado de novas marcas viais e a renovación da sinalización vertical.