A Deputación financia o servizo de Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Consorcio das Mariñas e alcalde de Abegondo, Jose Antonio Santiso Miramontes, asinaron na sede da institución provincial o convenio para o mantemento da Asesoría Xurídica Social do Consorcio das Mariñas durante o ano 2021, un servizo que dende hai anos vén prestando apoio xurídico especializado a persoas e familias derivadas polos servizos sociais dos oito concellos que integran o Consorcio (Abegondo, Betanzos, Bergondo Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada). A Deputación da Coruña subvenciona este ano preto do 74% dos custes do servizo cunha cantidade anual que ascende a 60.000 euros e que permite a contratación de dúas asesoras xurídicas especializadas en cuestións sociais (estranxería, desafiuzamentos, dereito de familia, laboral, violencia de xénero…) e dun administrativo.