A Deputación financiará a contratación de 548 persoas a través das axudas do PEL

0 minutes read

A institución provincial publicou este martes no BOP a resolución de concesión das axudas da liña PEL-PEMES: por unha banda, da liña PEL-PEMES Creación e Ampliación do cadro de persoal, que sufragará os custos da realización de 381 novas contratacións e, por outra banda, da liña de PEL-PEMES Mantemento do Cadro de Persoal, que subvencionará, por segundo ano consecutivo, as contratacións indefinidas de 167 persoas traballadoras en pemes con domicilio fiscal nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia.