39
45 concellos do interior da provincia da Coruña custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais coma o Aquapark de Cerceda ou o lago das Pontes con achegas da Deputación que van desde os 3.552 aos 9.3366 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello.
O programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais. Ademais este ano, os socorristas desenvolverán un importante papel para garantir que se cumpran as medidas hixiénicas e de seguridade nas instalacións acuáticas dos concellos de interior.