A Deputación ilumínase de lila polo Día da acción pola Saúde das Mulleres

O edificio central da Deputación da Coruña iluminarase este xoves día 28 de maio de cor lila para conmemorar a celebración do «Día Internacional da accións pola Saúde das Mulleres». Con motivo da data, a área de Igualdade organiza un ciclo de charlas a través da rede sobre a menopausa con especialistas de distintos ámbitos sanitarios.

Coincidindo coa conmemoración deste 28 de maio do Día Internacional da acción pola Saúde das Mulleres, a área de Igualdade da Deputación da Coruña publicará nas redes a segunda das «Conversas sobre a menopausa», un programa de cinco charlas que teñen como obxectivo ofrecer, a través da rede, unha proposta divulgativa por medio de profesionais de diversos eidos que ofrecen unha visión realista e normalizadora da menopausa, rompendo estereotipos e fuxindo da súa patoloxización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha