A Deputación impulsa a elaboración dun Plan de Acción Local da Axenda Urbana para a Costa da Morte

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres, por unanimidade de todas as forzas políticas, solicitar unha subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a a execución dun proxecto piloto consistente na elaboración dun Plan de Acción local da Axenda Urbana para a Costa da Morte. Este proxecto enmárcase na convocatoria de axudas en concorrencia competitiva aprobada para desenvolver proxectos piloto de plans de acción local da Axenda Urbana Española.

A candidatura de proxecto piloto para a elaboración do Plan de Acción local da Axenda Urbana é da Costa da Morte identificará os principais retos aos que se enfronta esta zona, tratando de perfilar medidas e actuación en tres grandes ámbitos: social, económico e ambiental-patrimonial.

Este plan de acción local terá un período de execución de 9 meses e un orzamento estimado de 150.000 euros, que serían totalmente sufragados pola subvención do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no caso de ser finalmente concedida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha