O plan vén de ser aprobado por unanimidade no último pleno da institución provincial. A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura (63,2%) e renovación da sinalización vertical e horizontal (14,6%), mentres que a apertura e limpeza de cunetas suporá preto do 5% dos investimentos e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, un 15% cada unha, respectivamente.
«O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria da Deputación. Todas estas actuacións están destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a siniestralidade nas estradas da provincia», explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.