A Deputación insta á Xunta a aumentar o orzamento dos Programas de Emprego nos concellos

O pleno da Deputación da Coruña aprobou unha moción instando a á Xunta de Galicia a aumentar o orzamento para a execución de Programas Integrados de Emprego (PIE) xestionados polos concellos e que, cando menos, non sexan inferiores aos do exercicio anterior e contribúan a paliar o impacto económico negativo que está a causar a pandemia da Covid-19. A moción foi aprobada cos votos favorables de PSOE, BNG, Marea Atlántica (impulsora da moción) e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular. No debate en pleno lamentouse que a Xunta debilitara os PIE no ano de maior orzamento do goberno galego e no que máis se necesitaban para facer fronte aos efectos negativos da COVID19 no emprego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha