18
O pleno da Deputación da Coruña aprobou unha declaración institucional, apoiada por todos os grupos políticos, amosando o seu apoio total aos traballadores da planta de “Siemens-Gamesa” no Concello de As Somozas nas súas reivindicacións para manter os seus postos de traballo e demandando á administración autonómica e ao goberno estatal a que se impliquen nesta problemática, aproveitando as oportunidades que ofrecen os plans de Transición Enerxética da Unión Europea.
Apoio ás reivindicacións dos traballadores de Alu Ibérica
O pleno aprobou tamén outra declaración institucional de apoio ás demandas dos traballadores de Alu Ibérica, a antiga Alcoa, na Coruña.