A Deputación inviste 3 millóns de euros para crear emprego nos concellos da provincia

Foto.- Arquivo_PEL.

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das axudas do programa PEL-Concellos 2020. Cun investimento próximo aos 3 millóns de euros, esta liña do Plan de Emprego Local (PEL) permitirá aos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes contratar a un total de 428 persoas en situación de desemprego durante un período dun ano para a prestación de servizos municipais básicos. Primará a contratación de maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha