A Deputación inviste en dous programas para impulsar o emprego xuvenil no rural

Muller no rural_TheOther, Pexels

A Deputación da Coruña inviste máis de 1 millón de euros para impulsar a creación de emprego e a posta en marcha de novos proxectos empresariais no rural da provincia a través dos programas PEL-Relevo e PEL-Rurinnova 2021.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este martes as bases das dúas liñas de axuda enmarcadas no Plan de emprego local (PEL), que contan cun orzamento total de 1.052.400 euros, do que o 80% é subvencionado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo.

A través destas liñas busca a creación de novas empresas, fomento do autoemprego e configuración de postos de traballo estables e de calidade para a mocidade menor de 30 anos que viva en municipios da provincia que conten con menos de 5.000 habitantes ou con menos de 10.000 habitantes que presenten un saldo demográfico negativo, co obxectivo de loitar contra o declive demográfico nas áreas rurais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha