A Deputación inxectará 1,2 M€ para reforzar as axudas á hostalaría e comercio

A Deputación da Coruña e o Concello da Coruña selaron unha colaboración pola que o ente provincial inxectará 1.200.000 euros para reforzar as axudas á hostalaría e comercio do Plan para a Reactivación Económica e Social do Concello da Coruña (PRESCO).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciárono despois dunha reunión de traballo na que tamén participaron o vicepresidente, Xosé Regueira, o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, e o concelleiro de Facenda, José Manuel Lage Tuñas.

Esta colaboración enmárcase dentro dun plan dirixido ás grandes cidades da provincia para o que o organismo provincial «mobilizará unha partida de 3 millóns de euros co obxectivo de dar cobertura e suplementar os programas municipais de apoio a autónomos da Coruña, Ferrol e Santiago», anunciou o presidente da Deputación .

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha