A Deputación levará a pleno a mellora da Travesía da Ponte do Porto entre Camariñas e Vimianzo

1 minutes read

A Deputación da Coruña leva ao pleno deste venres, 26 de maio, un investimento de 732.542 euros para financiar as obras de mellora da DP-1603 ao seu paso pola Travesía de Ponte do Porto, nos concellos de Camariñas e Vimianzo. As obras comprenden unha lonxitude de 400 metros, dos PK 0,3 ao PK 0,7.

As actuacións contempladas están encamiñadas á mellora da estrada DP-1603 ao seu paso pola travesía da Ponte do Porto, que actualmente conta cun amplo paseo, á beira da ría do Porto. As baldosas do paseo presentan un deterioro importante causado polo paso do tempo e igualmente o firme da estrada, que está irregular e desgastado.

As obras consistirán na demolición das beirarrúas e bordos existentes e unha nova distribución das zonas axardinadas para construír despois as novas beirarrúas mediante o emprego de formigón continuo. Na zona do paseo prevese a reposición cun firme de formigón impreso.

As obras contemplan tamén a reordenación da praza de San Roque coa colocación dun enlousado de pedra granítica abrindo a fonte e a praza á súa contorna.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?