A Deputación licita as obras de mellora da DP-1603 ó seu paso pola Ponte do Porto

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación das obras de acondicionamento da estrada DP-1603 ao seu paso pola Travesía de Ponte do Porto, nos concellos de Camariñas e Vimianzo. As obras comprenden unha lonxitude de 400 metros, entre os PQ 0.330 e PQ 0.740, e contan cun orzamento de 732.542 euros.

As actuacións contempladas están encamiñadas á mellora da estrada DP-1603 ao seu paso pola travesía da Ponte do Porto, que actualmente conta cun amplo paseo, á beira da ría do Porto. As baldosas do paseo presentan un deterioro importante causado polo paso do tempo e igualmente o firme da estrada, que está irregular e desgastado.

As obras consistirán na demolición das beirarrúas e bordos existentes e unha nova distribución das zonas axardinadas para construír despois as novas beirarrúas mediante o emprego de formigón continuo. Na zona do paseo prevese a reposición cun firme de formigón impreso.

As obras contemplan tamén a reordenación da praza de San roque coa colocación dun enlousado de pedra granítica abrindo a fonte e a praza ao seu contorno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha