A Deputación oferta seis prazas en Ponteceso para dous cursos de socorrismo

1 minutes read
  • O prazo de inscrición rematará o próximo venres 5 de febreiro, ás 14:00 horas

Dentro do Plan de Emprego Local, a Deputación da Coruña impartirá uns cursos de Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais (con 340 horas de formación teórica e 80 de práctica) e de Socorrismo en Instalacións acuáticas (con 130 horas de formación teórica e 80 de práctica). O número de prazas dispoñibles para o concello de Ponteceso é de 6, polo que se hai un elevado número de inscricións será necesario realizar probas físicas.

A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade da Coruña, e as prácticas profesionais non laborais en praias de concellos da provincia.

As persoas candidatas deberán estar inscritas na Oficina de Emprego correspondente, ter cumpridos os 18 anos e estar empadroadas nalgún concello da provincia da Coruña.

O prazo de inscrición rematará o próximo venres 5 de febreiro, ás 14:00 horas. As inscricións deben enviarse por correo electrónico a pel@dacoruna.gal.