A Deputación reclama que as entidades locais poidan usar os seus remanentes

Foto.- Cedida.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou dúas mocións presentadas polo Goberno provincial (PSOE-BNG) e o Partido Popular instando ao Goberno de España a pemitir que as entidades locais poidan usar o seu superávit e remanentes de tesourería para financiar medidas que axuden a paliar as consecuencias sociais e económicas da crise provocada pola Covid-19.

A Deputación subliña que remanentes e superávit son «os aforros locais» de concellos e deputacións, cifrados en 28.000 millóns de euros, son froito da «boa xestión» levada a cabo durante anos no eido municipal e representan «o único recurso dispoñible» para facer fronte aos gastos derivados da situación extraordinaria que estamos a vivir, xa que a alternativa sería acudir ao financiamento externo mediante a concertación de novos préstamos, «o que xeraría un maior endebedamento do sector público».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha