«A batalla de Altamira» é o título do volume co que a Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Ames e Brión quere recuperar unha historia fundamental para a comarca. A iniciativa, promovida polo deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, forma parte do programa de recuperación e posta en valor das Torres de Altamira.
As historiadoras Mercedes Vázquez e Mª Pilar Rodríguez, son as autoras do libro, un volume publicado pola Deputación da Coruña que ao longo de cen páxinas adéntrase nun episodio case descoñecido pero fundamental para a recuperación da memoria da comarca da Maía e da historia galega.
A iniciativa é un paso máis na recuperación e posta en valor das Torres de Altamira ao que seguirán actuacións de conmemoración e mellora do monumento. «A pandemia fixo que fose necesario cancelar a festa de recuperación histórica que estaba prevista mais contamos con que o ano que vén inauguremos esta celebración da nosa historia á que queremos convidar a toda a veciñanza da comarca e tamén a quen gusta de participar neste tipo de encontros festivos que se organizan arredor da nosa historia», explica Xosé Luís Penas.