martes, 12 mayo , 2026

A Deputación reforza a súa oferta de formación en liña

1 minutes read

A situación derivada do Covid19, que mantén á poboación nos seus domicilios, obrigou á Deputación da Coruña a suspender os 65 cursos presenciais do Plan de Formación Agrupado 2020 previstos para o segundo trimestre do ano.

Para asegurar, dentro do posible, o dereito a formarse dos traballadores e traballadoras das 101 entidades locais que partipan no plan e non prexudicar as empresas do sector, a sección de Formación decidiu adiantar a primeiros de abril o inicio da maioría de cursos en liña previstos para o período abril-xuño e abrir, de forma urxente, unha convocatoria extraordinaria con varios cursos en liña que estaban previstos para o último cuatrimestre do ano. O prazo de inscrición para estes cursos xa está aberto e finalizará o 3 de abril.