A Deputación subscribe un convenio que habilita unha plena xestión catastral colaborativa

1 minutes read

O convenio foi subscrito polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e polo director xeral do Catastro, Fernando de Aragón Amunárriz. O acto contou tamén coa asistencia do deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira.

Trátase dun convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito con arranxo ao modelo acordado entre a Dirección Xeral do Catastro coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que xa se estende a máis de 200 administracións.

As funcións que vai asumir a Deputación por medio deste convenio refírense, en esencia, á tramitación, en réxime de encomenda de xestión, dos expedientes de alteracións xurídicas, físicas e económicas de bens inmobles urbano e rústico.

Como novidade de carácter instrumental debe significarse que desde agora a Deputación poderá desenvolver as actuacións de colaboración na actuación das descricións catastrais sobre a base dunha avanzada plataforma tecnolóxica de base cartográfica, denominada mapa de xestión.

Inmobles afectados

O convenio afecta a máis de 2.800.000 inmobles, dos que aproximadamente 580.000 son urbanos e ao redor de 2.230.000 rústicos, e constitúe unha peza esencial do modelo de xestión catastral compartida que mediante 16 convenios de colaboración alcanza case o 98% do total de inmobles urbanos da provincia da Coruña.